Imagen Vive Ourense

«Vive Ourense», unha proposta de paquetes turísticos para gozar a cidade dun xeito diferente

Ourense é unha cidade deseñada para vivila. A súa oferta termal, gastronómica, cultural e de shopping asegúranlle ao visitante unha experiencia única e inesquecíbel. Grazas á campaña Vive Ourense xa e posible combinar estas experiencias en paquetes turísticos que convidan a coñecer a Capital Termal de Galicia aforrando tempo e diñeiro.

A iniciativa, promovida polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Ourense Centro, propón 4 packs con combinados distintos, desde un baño termal até unha cea en algún dos restaurantes da cidade.

O Pack Básico para unha persoa costa 29,90€ e inclúe billete de ida e volta no Tren das termas, acceso aos complexos de Outariz, Chavasqueira ou Piscina Termal das Burgas, un cheque-menú para ceas ou comidas e un cheque desconto de 20€ para compras nos establecementos comerciais adheridos á campaña. O Pack Élite aumenta e mellora a oferta gastronómica, incluíndo ademais viño dalgunha das catro denominacións de orixe da provincia. Existen tamén ofertas para parellas, que van dos 50 ao 70€.

Os bonos poden adquirise nas oficinas de turismo e hoteis da cidade, así como nos establecementos pertencentes a Ourense Centro. Ademais, poden mercarse online a través da web www.viveourense.es

Podedes consultar máis información sobre os distintos paquetes no folleto Vive Ourense! (Adobe_pdf 1,5m)


Mantente ao día coas últimas novidades na páxina oficial de Facebook