Vive Ourense

Gústache Ourense? Eres un dos moitos «enganchad@s» ás súas zonas termais? Coñeces o seu comercio local? Pensas que calquera excusa é boa para relaxarse cun no libro nalgunha das terrazas da Zona Vella? Eres un amante da obra de Blanco Amor, quen retratou coa súa pluma as rúas da vella Auria?

Se respondiches cun «si» a algunha destas preguntas, temos unha proposta especial que che facer. En colaboración con distintos colectivos e axentes da cidade, o Concello d OUrense vén de deseñar unha programación de lecer para a fin de semana do 23 ao 25 de abril (si…non liches mal, a fin de semana agora comeza o xoves!). Baixo o paraugas «VIVE O OURENSE TERMAL» propoñémosvos unha serie de actividades diferentes para coñecer e gozar a cidade das Burgas, comezando cun baño na piscina termal das Burgas: os días 24 (venres) e 25 (sábado) de abril permanecerá aberta ata as 00.00h.

Aparte disto…hai algo máis? O día 24 a partir das 20.00 h as rúas do centro vístense de gala na III Shopping Night: compras+música+espectáculo ata altas horas da noite. O día 25 ímonos de paseo polas marxes termais do Miño; a asociación de veciños do emblemático barrio da Chavasqueira celebra dez anos e o fai organinzando a súa xa tradicional andaina termal. Catro kilómetros de ruta verde que rematan con baño, xantar e baile.

A campaña «VIVE O OURENSE TERMAL» arranca o xoves 23 celebrando o Día do Libro con carpa editorial na rúa do Paseo, showcooking e a estrea da peza «A Catedral e o neno», un espectáculo teatral a pé de rúa baseado na novela homónima do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor.

Precisas algo máis? Un agasallo! Tres bonitas postais para que non perdas detalle da programación estes días…e poidas escoller a que máis che guste.

As Burgas
Cómete Ourense
Cidade bañista

E a gozar do Ourense Termal!

Expande para ver o programa completo
Descarga!