Ourense acollerá unhas xornadas técnicas para da a coñecer entre os profesionais da saúde e do ámbito sociosanitario as augas termais da cidade e provincia, así como as súas aplicacións

Concello, Deputación Provincial, Servizo Galego de Saúde, Colexio de Médicos, Colexio de Enfermería e Colexio de Farmaceúticos colaboran na organización desta actividade que se desenvolverá no Centro Cultural Marcos Valcárcel os días 21 e 22 de setembro

A asitencia é gratuíta, previa inscrición na web https://www.ticketea.com/entradas-curso-termalismo

Promover a divulgación, a investigación e a transmisión de coñecementos para achegar á cidadanía os beneficios das augas termais a través dos profesionais socio-sanitarios. Eses son os obxectivos das xornadas técnicas sobre os usos da auga mineiro-medicinal que se celebrarán en Ourense os vindieros 21 e 22 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Estas xornadas técnicas analizarán os usos das augas termais desde dúas perspectivas: os balnearios da provincia de Ourense e as termas da capital, empezando polas fontes de As Burgas. Cun formato de dous días que inclúe relatorios e mesas redondas, nestas xornadas abordaránse temas referidos aos recursos termais do territorio, os controis sanitarios no ámbito termal, as aplicacións terapéuticas destas augas, e o por que e para que un profesional da saúde debe coñecer a realidade das augas mineiro-medicinais de Ourense.

Consulta e descarga o programa completo das xornadas (Adobe_pdf 2Mb, galego)